Pódela ver?

Violencia

…Ás veces escóndese detrás do medo, do coidado asfixiante, ou da falta de coidado, da ignorancia, da educación, da vergoña.

Outra disfrázase de amor, cando é control.
Maniféstase en moitas maneiras distintas, pero sempre ataca á liberdade…

Tipos de violencia
Física
Sexual
Estructural
Psicolóxica
Económica
Obstétrica
Cultural

Ver e recoñecer

Preme nos diversos tipos de violencia para coñecer, detectar, e abordar a vulnerabilidade á que se enfrontan as mulleres con discapacidade. Unha realidade descoñecida e ignorada que queremos axudar a detectar.

Ver

Consciencia

"Camiño, toma de decisións, autodeterminación"

Recoñecer

Capacitación

"Camiño, ferramentas, esforzo"

Actuar

Empoderamiento

"Capacidades, crecemento, éxito"
Quen somos?

ACADAR

O equipo ACADAR traballamos a partir da crenza de que as mulleres con discapacidade poden ser donas da súa toma de decisións. Partimos, polo tanto, da idea de que non será o conxunto profesional quen facilite solucións gratuítas. O esforzo debe partir da propia persoa que quere e precisa mudar unha situación actual.