QUE FARIAS TI?

Historias interactivas

'UN ESPAZO DE CONFIANZA'

Dirixido por Lucía Vilela

'RECOÑECENDO VIOLENCIAS'

Dirixido por Noemi Chantada

'A ÁRBORE DOS DESEXOS'

Dirixido por Xiana do Teixeiro

'QUEN SON?'

Dirixido por Mar Catarina

O Proxecto

Baixo o lema ‘Que farías ti?’, ACADAR e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade presentamos esta campaña na que a partir de experiencias contadas por usuarias da asociación ACADAR construímos historias interactivas que buscan reclamar a implicación social a través do formato audiovisual.

No proceso de creación da campaña participaron máis de trinta persoas, co obxectivo de dar a coñecer e proporcionar ferramentas para a prevención a través de catro pezas audiovisuais. Cada unha das pezas de vídeo presentada narra as experiencias vividas por mulleres usuarias da asociación ACADAR, que nalgúns casos convértense nunha soa voz, e noutros en voces diversas. Son catro historias diferentes con guións que xorden de encontros e obradoiros realizados con mulleres con discapacidade e que se encargaron de levar ao audiovisual as directoras Noemi Chantada, Lucía Vilela, Mar Catarina e Xiana do Teixeiro.

Existen múltiples maneiras de violencia cara ás mulleres, como a infantilización,
sobreprotección, anulación da sexualidade e o control. Noemi Chantada utiliza a danza contemporánea para construír un xogo tipo test para ver se se recoñecen as violencias esituacións que se van presentando.

A violencia sexual exercida cara ás nenas e mulleres con discapacidade é unha das máisinvisibles e descoñecidas para o resto da sociedade, debido a que o colectivo vese cun airede infantilización, paternalismo e prexuízos sobre a súa sexualidade. Lucía Vilela aborda noseu proxecto os afectos, a sexualidade e as violencias sexuais a través dunha peza moienvolvente na que hai que ir escollendo por que camiño queremos seguir.

Segundo o Observatorio sobre discapacidade e mercado de traballo, un 32,5% das persoascon discapacidade atópanse en risco de pobreza ou exclusión social. Mar Catarina crea un colaxe coa precariedade e o risco de exclusión social no centro e cheo de alarmas reais oumentais que temos que apagar para poder continuar.

É imprescindible poñer en valor ás mulleres con discapacidade, potenciando a súa participación na sociedade e defendendo o seu empoderamento a través do respecto sobreo seu poder de decisión. Xiana do Teixeiro filma como mozas e mozas dun obradoiro debanda deseñada se achegan á realidade das mulleres con discapacidade a través dodebuxo e de reflexionar a partir dunha árbore de desexos que lles fan chegar usuarias deACADAR. Unha peza na que se pode ‘cambiar de canle’ ou cambiar de perspectiva paraver máis en detalle como as e os participantes van plasmando a realidade que están adescubrir.