O equipo ACADAR traballamos a partir da crenza de que as mulleres con discapacidade poden ser donas da súa toma de decisións. Partimos, polo tanto, da idea de que non será o conxunto profesional quen facilite solucións gratuítas. O esforzo debe partir da propia persoa que quere e precisa mudar unha situación actual.