Recoñecendo violencias. Violencia obstétrica

“O médico suxeriume que, xa que tivera que facerme unha cesárea, que me ligase as trompas aproveitando que xa tiveran que abrirme”

Rosario dá voz a unha situación que non pode pasar máis. As intervencións médicas inxustificadas e o abuso de medicación en mulleres con discapacidade son violencia. Moitas persoas asumen que as mulleres con discapacidade son capaces de ser coidadoras de familiares, netos, sobriñas… pero non de criar crianzas propias. Abrámos os ollos e rachemos coas ideas preconcibidas.

Tamén nos fala Rosario doutra realidade dura, a da violencia no ámbito laboral:
“A pesar de que as empresas me contratan recibindo unha subvención que as favorece economicamente sinto que non me tratan como deberían. En canto cobran tírante á rúa”

Dende ACADAR abrimos unha xanela pola que podedes asomarvos para descubrir realidades. Coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e de socias/usuarias de ACADAR vos ofreceremos materiais para recoñecer e loitar contra as violencias económica, cultural, psicolóxica, obstétrica, física, sexual, estrutural. Mudemos o mundo xuntas.

#25N #25denovembro #violenciaobstétrica #violencialaboral #queremonoslibres #queremonosvivas #ninunhamenos #secretaríaxeraldaiguadlade #xuntadegalicia #acadar #igualdade #empoderamento #sororidade #feminismo #inclusion #colaboración #discapacidade #discapacidades #accesibilidade #dereitos #descubrerealidades